Red Mercado y medio ambiente. Propuestas jurídicas para una economía verde.


Alba Nogueira López

Red de Investigación en igualdad, derechos y estado social (Universidade de Santiago de Compostela).

Alba Nogueira López
  • Profesora Titular da Universidade de Santiago de Compostela de Dereito Administrativo (Acreditada para o corpo de Catedráticos dende 5.10.2010).
  • Doutora en Dereito (1997) realizou tamén unha Licènce en Droit Européen et International (opción: Droit européen) na Université Catholique de Louvain.
  • Realizou estancias de investigación prolongadas entre outros no Colexio de Europa de Bruxes, a Harvard University, o Centre for Environmental Technology del Imperial College de Londres, a Università dei Bologna. Participou como experta no Steering Committee On Local And Regional Democracy del Consejo de Europa. É membro do Observatorio de Políticas Ambientais e do Centre de Dret Ambiental de la Universitat Rovira i Virgilli e dos Consellos Científicos das revistas Llengua i Dret, Actualidade Xurídica Ambiental e Revista Catalá de Dret Ambiental.
  • As liñas de investigación principal encádranse no Dereito ambiental, Dereito Administrativo Económico, Dereito lingüístico e Dereito Público Autonómico. É autora de numerosas publicacións. Entre as monografías publicadas e dirixidas deben resaltarse: Estatuto xurídico dá lingua galega, (Xerais 2005) Ecoauditorías, intervención pública ambiental e autocontrol empresarial (Marcial Pons, 2000); Réxime xurídico da selección do profesorado universitario (Atelier, 2004); Avaliación de impacto ambiental. Evolución normativo-xurisprudencial, cuestións procedementais e aplicación sectorial (Atelier, 2009); Titularidade, competencias e fiscalidade das augas minerais e termais. Marco comunitario de protección ambiental (Thomson-Aranzadi, 2009). Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts’ evaluation” (Council of Europe 2011), La Termita Bolkestein (Civitas, 2012), An alternative economic governance for the European Union, Centre Mauritzs Coppieters, Brussels, 2013. Capítulos de libro e artigos nas principais revistas españolas e estranxeiras completan a actividade de difusión do coñecemento.
  • Como investigadora principal ou ben como membro do grupo de investigación participou en máis de 20 proxectos de investigación competitivos de convocatorias europeas, estatais e autonómicas. Realizou unha ampla actividade de transferencia do coñecemento, principalmente ás Administracións públicas, relacionada cos ámbitos de especialización investigadora (medio, dereito universitario, relacións interadministrativas, riscos maiores…)