Red Mercado y medio ambiente. Propuestas jurídicas para una economía verde.


Blanca Soro Mateo

Grupo de investigación Bioderecho. Universidad de Murcia.

Blanca Soro Mateo
  • Investigadora no eido do Dereito ambiental dende o ano 1998. Trala especialización en Dereito administrativo e en Dereito ambiental nas Universidades Complutense e Carlos III, inicia os seus traballos de investigación sobre responsabilidade ambiental e distribución de competencias ambientais na Universidad de Murcia. Desta primeira etapa resultan as súas monografías Responsabilidad patrimonial de las AAPP, Tecnos, 2000, Articulación del ordenamiento ambiental en el Estado autonómico,Atelier, 2001 e Responsabilidad ambiental de las Administraciones públicas, Ministerio de Medio Ambiente, 2005.
  • Con posterioridade a labor investigadora desenvolveuse no ámbito dos espazos naturais protexidos, dereito de augas, enerxías renovables e máis recentemente biodereito ambiental, mantendo o interese no desenvolvemento da institución que foi obxecto da súa tese doutoral, a responsabilidade ambiental. Foi constante dende entón a publicación en revistas especializadas e en libros colectivos e propios sobre estas materias, tanto en España como en América latina. Os intereses científico-técnicos actuais céntranse sobre todo no ámbito da contaminación dos chans, os danos á costa, as enerxías renovables e a custodia do territorio e o resto de instrumentos voluntarios para a xestión do medio ambiente.
  • É investigadora principal dun proxecto de I+D solicitado á Administración Rexional de Murcia sobre danos ambiental histórico e participa en proxectos de investigación arxentinos sobre o Dereito ambiental nun contexto comparado. Actualmente atópase promovendo a integración do seu grupo de investigación con outros grupos de investigación das Universidades de Mendoza, Bos Aires e Córdoba (Arxentina), Lille 2 (Francia), Segunda Universidad de Nápoles (Italia) e cos grupos de investigación sobre Dereito Ambiental das universidades da Coruña e Rovira i Virgili